ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

sexta-feira, 18 de julho de 2008



Comunistas da Galiza PCPE diante do Día da Patria Galega


Mais un ano os e as galegas progresistas sairemos á rua erguendo a reivindicación democrática da soberanía nacional e o inalienábel dereito á a autodeterminación para o noso Povo.

O exercicio dese dereito que históricamente nos foi negado e segue a sernos arrebatado polo estado oligárquico e imperialista da monarquía legataria do franquismo, é un horizonte que, se non somos quen de contraatacar e impugnar a fórmula que se nos está a impor de saída ao actual colapso social e económico, veremos alonxarse unha vez máis.


Chegamos a este 25 de Xullo nun contexto de fin catastrófica dun ciclo económico do capital, con características de crise estructural que pode levar a unha mudanza sustancial da actual correlación de forzas .

Nos derradeiros anos a oligarquía dominante no Estado Español e na Europa monopolista, baseou a sua capacidade de amarrocar cartos no endebedamento das xentes traballadoras. Baixando os tipos de interese, fixeron posibel que nos endebedásemos, e subindo os prezos fixérono necesario.

Así conseguiron “reactiva-la economía”, en cristiano enriquecerse á nosa conta. “O patrón está rico á miña conta; eu, á súa, estou vello...” e hipotecad@. Esa base do seu enriquecimento era falsa e fráxil, pois non se sustentava na creación de riqueza e valor, senon na pura especulación cos nosos cartos.


Agora que o pinchazo da burbulla nos USA se propagou como unha peste negra do século XXI a todas as colonias desa potencia económica e militar, ante todo nós, as nacións oprimidas da periferia dos estados imperialistas, esto que miramos arrepiados non é máis que o comezo dunha hecatombe tan sobrecolledora coma o crack do 29, agás que no 29 aínda había petróleo para seguir a despilfarrar. Hecatombe que, sexa dito entre nós, non afecta á grande banca, nen as eléctricas, que seguen a gañar mais que nunca coa inestimável axuda do governo “socialista” que nos sobe a conta da luz ; crise que non é de sobreproducción mais é de suconsumo, ollai a de casas e pisos baleiros que se construíron para encher o peto das grandes promotoras e dos “políticos profisionais” por elas sobornados e untados xenerosamente.


Cada día son máis ricos porque cada día nos rouban máis.O Santander sortea a crise con 10.000 millóns de beneficios

Emilio Botín compara a crise co "catarro dun neno, que
chega de golpe pero logo pasa “



Volvendo ao tema da soberanía nacional, non só ela, a propia soberanía dos estados desaparece mesmo como concepto na fórmula de recomposición capitalista que nos queren meter desde Bruxelas e Lisboa os novos señores feudais da Europa imperialista.

Estes señores tentan pasarnos a factura impondo a dictadura do Tratado de Lisboa, que ninguén votou agás @s irlandes@s, quen dixeron NON, e que significa máis paro, significa xornada de 65 horas para aquelas que aínda non as traballlan, , perda do poder adquisitivo dos salarios, significa liquidación dos dereitos dos traballadores e da propia negociación colectiva, significa escravitude asalariada, sinistralidade laboral, precariedade máis flexibilidade aínda sobre o mercado de traballo.
un dos principais eixos do plan plurianual 2008-2010
da Estratexia de Lisboa.


E non se limita a golpear selvaxemente aos e ás asalariadas senon que lanza á proletarización e ao empobrecimento, á ruína mesma, a outros sectores do noso povo galego traballador ,os mariñeiros ,aos traballadores da mar que ven como ás súas penosas condicións laborais se suma un asfixiante incremento dos prezos do combustibel que levará ao desemprego a importantes sectores mentres o Governo é incapaz de frear as constantes importacións ao ser parte implicada na repartición de caladoiros e de cotas de produción e mercado entre as potencias imperialistas do a UE. os labregos(As grandes empresas leiteiras galegas, contando co silencio cúmplice do bipartito, impoñen unha baixada dos precios do leite ao productor (ao contrario que no mercado, que está perto do euro/litro), as cales, sumadas ás subas dos insumos (piensos, abonos, gasolina), e por ende dos custos de producción, están a por en perigo a supervivencia mesma de varios milleiros de pequenas e medianas empresas productoras de leite; , o pequeno comercio, as empresas familiares, incapaces de competir cos monopolios, as traballadoras e traballadores autónomos traballadores obrigados polas empresas para as que traballan a converterse en falsos empresarios. que aguantan a forza de xornadas interminabeis.


Lisboa significa asemade o endurecimento do aparello policial, militar e xudicial da Europa Fortaleza, racista e xenófoba, e a criminalización e persecución sistemática de calquera xeito de loita reivindicativa.


A loita pola soberanía do noso povo e a nosa clase pasa pola maís ampla unidade dos sectores populares e a nosa mocidade en torno á única proposta viábel, alternativa á que nos quere impor a nosa propia patronal, auspiciada polo governo e as direccións sindicais colaboracionistas, e o imperialismo europeo .


SOCIALISMO OU OPRESIÓN NACIONAL

SOCIALISMO OU BARBARIE