quarta-feira, 2 de julho de 2008
A primeira muller no espazo segundo o xornal burgués “O País” Así conta PRISA as cousas. Hoxe, a versión dixital de “El País” publica unha galería fotográfica (http://www.elpais.com/fotogaleria/Mulleres/espazo/5592-1/ ) co obxecto de denunciar a discriminación da muller na carreira espacial. Afirma que ata os anos 80 as mulleres non tiveron a oportunidade de demostrar que están igualmente capacitadas que os homes para desempeñar esta profesión. A axencia norteamericana espacial do mundo libre e democrático a NASA- vetou para misións espaciais ás mulleres ata 1983, e un ano despois, Sally Kristen Ride, foi a primeira empregada desta axencia en viaxar ao espazo. A selección de fotografías ten mesmo o detalle de citar á famosa cadeliña Laika como primeira femia no espazo. Pero a reportaxe ten un “esquecemento”. O nome dese “esquecemento” é Valentina Tereshkova (http://é.wikipedia.org/wiki/Valentina_Tereshkova ), quen foi esta señora? Ninguén importante para “El País”, polo que se ve, nin sequera para esta reportaxe, malia que Valentina -cosmonauta soviética- foi a PRIMEIRA MULLER no espazo a bordo da nave VOSTOK-6 en 1963. Sí, ás mulleres do mundo libre aínda lles quedaban dúas décadas de veto espacial. Esta é a memoria histórica selectiva do progresista xornal independente da mañá “El País”. Membros e membras de “El País”: menos sectarismo e máis información.