ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

sexta-feira, 18 de julho de 2008


A CULTURA



Saber qué futuro queremos os e as comunistas pasa por saber qué cultura propomos. E pasa por revisar os posibles significados da propia palabra “cultura” unha das mais usadas e das pior usadas.

Entendemos por cultura, coloquialmente, un conxunto de expresions artisticas, literarias, científicas, filosoficas.

Mais tamén é cultura, e non nos decatamos tan facilmente, unha serie de cousas que acontecen fora dos libros, dos teatros, dos museos.

Referímonos tamén, por exemplo, á docencia, a da escola pero tamén a da casa. ¿Cómo aprendemos, como ensinamos?(Esta actividade cultural que reside en criar nen@s e levalos á escola, xoga cos dados, conceptos e xuizos de valor que estarán na base do acervo do futuro adulto. Condicionará o seu pensamento, a súa vision do mundo, sentimentos e xeitos de relacionarse cos demáis e có entorno).

Está tamén a tradición, esa que cultivamos ou combatemos e que sen dúbida é parte central do noso pasado e moi importante no noso presente, para ben e para mal. Favorecendo ou retardando a nosa evolución como persoas. Compre eiqui ter en conta o papel extraordinariamente retardatario da tradición patriarcal e católica que inunda ata os miolos a cultura dominante e a dos dominados/dominadas.

E logo, indubidabelmente, a xente canta, baila, pensa en alto, conta contos, cose, calceta e sementa, ganchilla, cociña, constrúe. Por diñeiro ou debalde. Eso é cultura, todo eso sen excepción.

Estamos, xa que logo, definindo tamén como cultura un número importante de cousas que o ser humán non consume, mais aprende e fai el mesmo de xeito máis ou menos consciente..

Un dos alicerces do sistema de dominacion cultural burgues baséase na creencia, demasiado extendida, de que a “cultura” é algo sublime, de pago, e destiñada aos que “entenden”. Pero esa creencia non é rigurosa nen revolucionaria. É ben tempo de que os proletarios e demáis capas populares superen ese engano paralizador. Moi polo contrario, no transcurso da historia da cultura burguesa (filla sempre e acreedora da popular) deronse fondas crises das que era imposibel sair se non se tuvese recurrido á cultura popular para darlle pulo.

A división entre cultura de élites e cultura de masas reflíctese fundamentalmente en que as asalariadas/os viven case que toda a sua xornada xunguidas ao carro da explotacion e case carecen de tempo de lecer.

Pero reflictese tamén na extraordinaria cutreria das alternativas de pseudo lecer que lles reserva o aparato burgues de dominacion ideoloxica. Léase a noxenta programacion televisiva, a seudocultura deportiva que radica en discutir as novas de Marca nun bar cheo de fume, no canto de exercer un deporte de xeito non competitivo. Léase as infames revistas do corazón. E un longo etc.

O papel “infantilizado” que se nos reserva é o de seres resignados e sen orgullo. O de miróns incapaces de facer cousas por nós mesmos. O de testigos impotentes da fama, a riqueza e o “glamour” da clase dominante. O de fans aparvados das batalliñas protagonizadas por outros. O de seres pasivos, subsidiarios, dependentes e segregados, identificados ademáis de xeito frustrante e enganoso có enemigo de clase e cos seus bufóns e monicreques.

Os xestores e distribuidores da cultura, xa sexa da cultura de élite ou da cultubasura, son meros mercaderes e os seus “expertos” asesores. Eles fan cartos, esa é a súa lei e o seu credo. Eles dirán e farán, promocionarán, venderán e mercarán, o que “funcione” no mercado. Eis a súa ideoloxía, eis o seu xuramento de hipócritas. A mercadoría de élite será vendida a prezos privativos. A “de masas” a prezos axustados á clientela específica. Manipulación da oferta e da demanda, parafernalia publicitaria, especulación, mercadeo coas mentes e os corazóns de tod@s, consignas do aparato de poder, e rachar as vestiduras en nome dos chamados “direitos de autor”.

Por ultimo, unha vez mais, non penses, non fagas, consume e cala.

Porén son chegados novos tempos, difíciles e doorosos, pero fecundos.

Dende que os e as cibernéticas estan a facerlle a puñeta a este apodrecido sistema, baixando gratuitamente e colgando xenerosamente case que todo o imaxinable, respírase millor no planeta.

A crise global do sistema está a poñer de relevo que a consigna de “CONSUME E CALA” é dobremente inválida. Moita xente non pode consumir e está farta de calar. As súas voces inundan sanamente as areas democraticas da rede de redes, pero fanse xa patentes tamén na rúa.

A crise global está, tamén, a revalorizar as cousas que non costan cartos, é decir, aquelas sen as cales, realmente non podemos vivir. A cultura nun senso amplo é unha delas. O ser humán terá de apañarse para seguer a crear, a imaxinar, a facer rir aos outr@s. Sen depender dos cartos.

A televisión, esa cousa potencialmente tan maravillosa convertida nun verdadeiro cancro cerebral, seguerá a estar ahí, non sabemos por canto tempo (as cadeas viven da publicidade e a capacidade de consumo dos televidentes está a baixar de xeito moi aparente) pero a realidade que xa está eiqui, fora da caixa parva, chama profundamente a atención de millons de humans en todo o planeta.

Bastante mais que os fastos da realeza, a publicidade que nos insulta por ter menos cartos que nunca, ou as películas que acaban ben.

Así pois, de miróns cómprenos converternos en protagonistas. De autómatas en seres reflexivos e críticos. De consumidores, en creadores. De sós, en acompañados. E cando as oprimidas, facendo cultura nese senso amplo que poderíamos tamén chamar “vivir a carón dos outros” creamos o presente inspirándonos en nós mesmos xuntos, estamos a prefigurar un futuro moito mais interesante que o presente, e estamos mesmo a construir un presente moito mais humán que o pasado inmediato. E estamos a deixar de conformarnos coa nosa condición de oprimidas. E estamos prefigurando, saivámolo ou non, a revolución global dos e das probes e postergadas de todo o planeta.

Facer a nosa propia cultura, e nunca mais voltar a deixar que se converta en mercadoría, é unha consigna revolucionaria como outra calquera.

.