CIG INFORMA (DE “AVANTAR”)
Os traballadores/as do sector de produtos elaborados do mar, que en Galiza emprega aproximadamente 2.500 persoas, perciben 700 euros netos ao mes polo desempeño dunha actividade dura que require de grande esforzo físico. A CIG sopesa convocar unha folga no sector de non mellorar as condicións retributivas e laborais na negociación do convenio. As reivindicacións principais da CIG pasan por aumentar os salarios até os 1.000 euros netos, promover a estabilidade laboral coa conseguinte redución drástica da eventualidade, rebaixar a xornada e conseguir que as baixas por enfermidade sexan remuneradas ao 100%, tendo en conta a dureza do traballo desempeñado por estes obreiros e obreiras. A CIG tamén demanda que se elabore un estudo sobre as enfermidades profesionais derivas do traballo no sector.
A CIG apoia a campaña internacional para liberar os cinco prisioneiros antifascistas cubanos encarcerados inxustamente en prisións de EEUU por abortar plans terroristas organizados nese país para atacar a illa caribeña. Os cinco presos cubanos cumprirán, o vindeiro 12 de setembro, dez anos de cativerio en cadeas norteamericanas
A campaña xa leva recollidas máis de 7.000 sinaturas. Para se adherir, busca a nova na páxina de AVANTAR, web da CIG.
O Comité de Empresa provincial da Coruña da Consellaría de Presidencia presentará alegacións ao proceso de amortización de 42 postos emprendido polo departamento dirixido por José Luis Méndez Romeu. Presidencia desatendeu as alegacións dos sindicatos, co que segue adiante con este plan, que supón a privatización de servizos públicos.
A CIG denuncia a precariedade dos medios cos que conta en Galiza o Servizo de Vixilancia Aduaneira. En tres das seis bases marítimas do país, as embarcacións sobrepasan os 24 anos de antigüidade e o helicóptero da zona norte tan só dispón de dúas horas de autonomía.
CUT INFORMA (cutgalicia.org)
O Clúster da Automoción de Galicia, acaba de poñer a feder á Xunta e o Concello de Vigo, seica; “por non facilitar chan industrial para o desenvolvemento deste sector”. Todo este discurso cargado de hipocrisía e de cinismo ten como meta, chantaxear ás Administracións no obxectivo ilimitado de arrancar aínda máis beneficios a transnacional PSA-Citroën e os seus adláteres industriais e loxísticos.
Aparece o No. 1 de “O Xornal” “Informacion obreira” Esta edición está adicada ao 25 de xullo.
Sobre o procesamento de catro traballadores do sector naval de Vigo: Pola súa participación na Folga que tivo lugar o mes de maio do ano 2007, o fiscal e a policía impútanlle ós compañeiros: Daniel Cascallar, Ivan Piñeiro, Emilio Docampo e Xosé García, a participación nos incidentes nas rúas de Vigo, na devandita Folga. Polos cales se lles ven a solicitar unha pena de catro anos de prisión a cada un deles e o depósito inmediato de máis de 8.000 euros como fianza solidaria.