ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

terça-feira, 12 de agosto de 2008

saúdo do PCPE a Fidel no 82 aniversario


Diante do 82 aniversario do natalicio do Comandante Fidel Castro non só os e as comunistas estamos de parabéns.
Todos os pobos do mundo amantes da paz e do progreso humano, todas aquelas persoas que se mobilizan e loitan contra as inxustizas sociais e os seus responsables, ven como un dos máis firmes adaíles da liberdade cumpre un ano máis dando heroico exemplo de firmeza e resistencia. Con todo o que hai de digno no mundo transmitímoslle a nosa máis sinceira e fraternal aperta revolucionaria.

82 anos de vida para un persoa cuxo nome e cuxa obra só produce temor e rexeitamento entre os escuros partidarios da reacción mundial e do imperialismo a quen, seguindo o legado e exemplo de persoas xa inmortais nos nosos corazóns como o do Comandante Fidel Castro, xuramos combater e derrotar.

O pobo de Cuba mantén con orgullo a bandeira do Socialismo e do internacionalismo proletario. Os seus mellores fillos e fillas, onte combatentes de primeira fila nos campos de batalla contra o imperialismo, hoxe son os primeiros en acudir en auxilio dos pobos a quen o capitalismo mantivo secularmente baixo o analfabetismo ou unhas deficientes condicións sanitarias. Os seus mellores fillos e fillas constrúen día a día un modelo revolucionario de xustiza social e progreso ao que xa demostraron que non renunciarán xamais. Algún dos seus mellores fillos, como os 5 Heroes prisioneiros do imperio loitan por recuperar unha liberdade arrebatada por manter ao seu pobo libre da ameaza terrorista.

Cuba hoxe é faro de liberdade e de intransixencia ante os ditados do imperialismo. Cuba demostrou nestes 50 anos que antes prefire deixar de ser, que deixar de ser revolucionaria.

E Fidel, a quen os pobos de mundo estreitamos con orgullo, segue sendo hoxe un brillante arquitecto de tan humana obra.

Onte, hoxe e sempre SOCIALISMO OU MORTE, ¡VENCEREMOS!.