ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

sexta-feira, 22 de agosto de 2008

Recibido da Asociación Verbo Xido


Convite á apresentación do libro "Caroianos" de Xosé Fortes (historiador) e Germán Fortes, no que tamén colaboran Marcial Gondar (antropólogo), César Portela (arquitecto), Sergio Portela (fotógrafo) e Manuel Fortes (xeógrafo).

Terá lugar o sábado 30 de agosto ás 19 horas na escola das nenas de Caroi ( Cotobade)

O acto é aberto e de asistencia libre.
-----------------------------------

A Asociación Cultural e Ecoloxista Verbo Xido de Terra de Montes prácese en convidarvos á sexta edición da súa xornada cultural "Terra de Tod@s". Os actos terán lugar o sábado, 13 de setembro, no CETMO, Centro Etnográfico de Terra de Montes, sito no camiño do Pouso nº 2 de Soutelo de Montes. Achegamos programa. Moitas grazas.

P.S.: Todos aqueles que desexedes pasar o día connosco, sabede que a casa de turismo rural FLORINDA de Pedre (Cerdedo) aquela o xantar. Prezos populares. Pregámosvos que confirmedes asistencia ao mesmo, ben no correo verboxido@yahoo.es ben no correo ratorabisaco@yahoo.es ben no teléfono 687642430

Apertas.