> Apaga Tele5
>
> A canle de televisión Telecinco adheriuse hoxe ao 'Manifesto pola lingua
> común', que o pasado 23 de Xuño presentou un grupo de "intelectuais" en
> Madrid.
>
> A canle comparte as exixencias deste grupo de "intelectuais", entre os que se
> encontran Mario Vargas Llosa, Fernando Savater ou Álvaro Pombo, que piden ao
> parlamento español que elabore unha normativa para fixar que o castelán sexa
> a lingua oficial de todo o territorio e a única 'que poida ser utilizada
> polos seus cidadáns'.
>
> Telecinco é a primeira televisión que se adheriu a este manifesto. Ademais,
> Telecinco dixo no informativo do mediodía, que pon a disposición do
> colectivo que leva esta iniciativa, a súa canle de televisión para dar apoio
> a este proxecto.
>
> Se eles se adhiren ao manifesto, nós desconectamos Telecinco.
> Xuntos podemos!