ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

domingo, 10 de agosto de 2008


Directiva de retorno de inmigrantes-Directiva da Vergoña
Manfred Weber: ""O Goberno socialista español presionou para endurecer a lei"
Manfred Weber é eurodiputado alemán e relator da directiva de retorno de inmigrantes durante os dous últimos anos. Weber acusa na entrevista ao Goberno español de presionar para endurecer a nova norma, extremo que o Ministerio do Interior nega. Pero o certo e verdade é que a case totalidade de eurodiputados do PSOE votaron a favor de restrinxir a liberdade e expulsar aos inmigrantes. Esta actitude xerou repulsa de parte dos socialistas franceses que miraron perplexos como os seus correlixionarios hispanos votaban xunto á dereita máis reaccionaria europea.


Pregunta. sentese feliz porque a súa proposta foi aprobada de forma tan maioritaria?
Resposta. Feliz non. Non conseguimos o mellor de todos o progresos que desexarímos. Pero esta directiva é un progreso respecto da situación existente en moitos países.

P. Onde está o progreso se se permite manter detida a unha persoa 18 meses sen cometer un delito?
R. Hai nove países que non teñen ningún límite do período de detención e agora deberán fixalo. Os 18 meses son unha referencia testemuñal. No meu país, onde a lei prevé 18 meses, só houbo un caso de máis de tres meses.

P. É lóxico lexislar antes sobre a inmigración ilegal que sobre a legal?
R. Desde o punto de vista dos cidadáns, había moita preocupación pola inmigración ilegal. Agora, o próximo paso será desenvolver as directivas sobre inmigración legal. A directiva é equilibrada. Hai que deixar claro que se loita contra a inmigración ilegal. E isto farémolo con criterios humanitarios.

P. Por que non aceptaron emendas como as que pedían un control xudicial dos detidos ás 72 horas?
R. Pregúntelle ao ministro do Interior español. Tanto o Parlamento como o PPE queriamos adoptar unha posición máis progresista, pero no Consello os Gobernos dixeron que tiñan moitos problemas para aceptalo. Non é xusto que os socialistas expresen moi bos desexos no Parlamento e logo os Gobernos socialistas fagan unha presión moi forte no Consello para endurecer a directiva.

P. Que lles diría ás ONG que foron tan críticas por considerar que a directiva viola os dereitos humanos?
R. Pois que agora teñen un instrumento para acudir aos tribunais e á Comisión Europea cando detecten que se vulneran as normas nos establecementos onde se atopan retidos os inmigrantes.

P. Non lle preocupa a situación dos menores que poden ser enviados a países distintos dos seus?
R. Non rebaixamos as condicións existentes. En España hai unhas condicións mellores que noutros países, por favor, mantéñanas. Hai unha declaración dos Gobernos que se comprometen a non rebaixar as condicións existentes.

Insurgente



Sendo o segundo país máis pobre de América Latina, Bolivia sufriu a emigración dun de cada catro dos seus fillos. Por que? Durante varios séculos, esta terra foi unha colonia española. Durante ese período, levaron todos os beneficios derivados das riquezas mineiras, extraídas sobre a base dun traballo inhumano en condicións de semi-escravitude. Durante moitos anos, o seu gas e petróleo só beneficiaron a un puñado de ricos e algunhas multinacionais, sobretodo, europeas. O Norte volveu a saquear ao Sur. Só deixando miseria tras o seu paso.

E os conflitos. Evo Morales, Presidente desde fai dous anos e medio, non caeu do ceo; é o froito de numerosos anos de resistencia obreiras e campesiñas. As comunidades indíxenas sempre foron explotadas, discriminadas e desprezadas pola elite branca e racista, asociada cos EEUU e Europa.

De aí provén a pobreza e o subdesenvolvemento. Pero cando os bolivianos, para sobrevivir, van traballar a Europa, esta trátalles como criminais e encarcéraos. ¡mesmo aos nenos! Evo Morales ousou denunciar a « Directiva da Vergoña » que permitirá a todos os países europeos encarcerar ata dezaoito meses a estes delincuentes, perdón : inmigrantes.

Xusto, antes de realizar esta viaxe, atopei en Bruxelas a uns traballadores inmigrantes latinos. Desde había varios meses loitaban para obter os seus papeis, é dicir, os seus dereitos e a súa dignidade. Fronte a uns ministros completamente xordos, víronse obrigados a pór as súas vidas en perigo: folga de fame, escalada de guindastres de gran altura... En recoñecemento da carta que Evo presentou á U.E., pedíronme transmitir o seu agradecemento ao presidente boliviano. Transmitinllo.

En realidade, cando nos atopamos aquí, cando constatamos a pobreza, os salarios irrisorios, a falta de industria, dámonos conta da razón pola que moitos bolivianos ven obrigados a emigrar. Pero, sen ir tan lonxe, tamén comprendemos a hipocrisía de Europa, que ten grande parte de responsabilidade nesta emigración.(...)A hipocrisía de Europa: quen provoca « toda a miseria do mundo »?
Perseguindo aos sen-papeis, Europa deféndese presentando o argumento « Non podemos acoller a toda a miseria do mundo ». A non? Pero, se en realidade, esta miseria, ¡son vostedes quen a creou! ¡Os seus Carlos V, os seus Luís XIV, os seus Elizabeth I, os seus Leopoldo II e outros grandes colonizadores que masacraron a estes « salvaxes » para roubar as súas riquezas! E ata o día de hoxe, as súas empresas mineiras, agrícolas e doutra índole, non cesaron de apropiarse das materias primas sen pagalas, deformando a economía e bloqueando o desenvolvemento local. Non será Europa quen ten unha Débeda que reembolsar ao Sur?
Só no pasado??


...Europa móstrase totalmente dominante e arrogante. Pretende impor a todos os países de América latina e do Caribe o cesamento das subvencións que poderían permitir o desenvolvemento dos produtos locais, a supresión dos dereitos de aduanas ás importacións (¡pero rexeita facer o mesmo no seu propio territorio!), a supresión de todos os límites para as exportacións europeas (que rexeitan o revés), a transferencia sen límites da man de obra europea cualificada, a modificación de todas as leis de protección das economías locais.
...Por outra banda, Europa tamén acolle a inmigrantes non cualificados. Deixándoos sen papeis, e xa que logo, sen dereitos, obrígalles a vivir con medo, a aceptar salarios e condicións de traballo que constitúen un retroceso social. É un bo método para dividir e presionar aos outros traballadores. Así é como se constrúe a « competitividade » desta virtuosa Europa. A forma de tratar os sen-papeis non se coñece como un erro, senón dun dos métodos esenciais dun sistema egoísta e explotador.

En resumo, Europa ten saqueado a América Latina e continúa facéndoo. Impídelle alimentar aos seus fillos. Pero cando estes se ven forzados a emigrar, encarcéraos. E, ademais, atrévese a ofrecer leccións de democracia e moralidade ao resto do mundo.
...

Michel Collon