CADA DÍA SON MAIS RICOS PORQUE CADA DÍA NOS ROUBAN MÁIS
O vello refrán segue sendo verdade: diñeiro chama diñeiro. Malia a crise económica que azouta os mercados desde finais do ano pasado, as riquezas persoais dos millonarios do mundo subiron un 5% ata alcanzar os 76,6 billóns de euros, segundo un informe publicado polo grupo estadounidense Boston Consulting.
É o sexto ano consecutivo en que crecen as maiores riquezas do mundo.
O 0,001% de todas as familias posuían o ano pasado 14,7 billóns de euros, un quinto da riqueza mundial total.
Ademais, seguen a aparecer novos millonarios cada ano, sobretodo nos países emerxentes da Asia e a América Latina. O número de familias millonarias en 2007 creceu un 11% ata os 10,7 millóns.
Os bancos e entidades financeiras expanden a súa presenza a esas rexións de rápido crecemento. Dubai e Singapura, segundo as súas estimacións, estanse a transformar en centros de banca privada rexionais que ofrecen unha grande competencia aos refuxios tradicionais como a Suíza.