ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

segunda-feira, 22 de setembro de 2008

Homenaxe aos mártires do 27 de setembro.







logo pequeno.jpg

A Asemblea Republicana de Vigo “Amig@s da República” e a Asociación Viguesa Pola Memoria do 36

Convida

a toda a cidadanía a asistir mañá sabado día 27 de setembro, (tal como se ven facendo desde hai xa 33 anos) ao acto de homenaxe que terá lugar no Cemiterio de Pereiro de Vigo ás 18 horas en lembranza do vigues e militante antifranquista XOSE HUMBERTO BAENA ALONSO, asasinado por un pelotón de fusilamento o 27 de Setembro de 1975 en Hoyo de Manzanares. Nese acto, reivindicativo da súa memoria e da súa loita, tamén se rendira homenaxe aos seus compañeiros do FRAP Jose Luís Sánchez-Bravo Solla e Ramón García Sanz, e aos independentistas vascos Juan Paredes Manot “Txiqui” e Angel Otaegui, asasinados tamén no mencer dese mesmo día..

No acto estará presente a equipa de rodaxe que desde hai semanas esta en Vigo tomado imaxes e facendo entrevistas para un documental que ten a Baena e aos fusilamentos do 27 de setembro como protagonistas.

Homenaxe aos mártires do 27 de setembro.

O Colectivo Vigués “Memoria do 36” convoca este próximo 27 de setembro ás 17,30 horas no cemiterio de Pereiro ao acto homenaxe dos compañeiros asasinado pola ditadura franquista. Ao mesmo tempo solicitamos que os responsables dos mesmos, sexan imputados como responsables de delitos de lesa humanidade no marco do xenocidio cometido durante os seus corenta anos de terrorismo de Estado.


Tanto no 36, como en 1975, como nestes días, a loita pola autentica democracia e os dereitos humanos e políticos continua. Mentres se siga torturando, se ilegalicen partidos políticos e néguese o dereito de autodeterminación dos pobos, correspóndenos o deber moral e político de seguir movilizando a todos os demócratas co fin de construír unha sociedade mais libre, mais xusta e máis democrática.



Pola memoria dos nosos mártires asasinados o 27 de setembro de 1975.



Pola imputación como xenocidas dos responsables daqueles feitos realizados.



Contra a ilegalización de partidos políticos. Que lonxe dar unha solución, aumenta o rexeitamento e a violencia en Euskadi, onde miles de cidadáns deste país votaron por estas formacións políticas.



Pola derrogación da lei de partidos políticos.



Contra a tortura sistemática de militantes políticos (que viola a lexislación internacional).



Pola aplicación urxente da lei da Memoria histórica.




José Miguel Gómez


Presidente

Lois Pérez Leira


Coordinador