COMUNICADO
Parece evidente que o equipo de bandidos que, baixo a presidencia de Bush, gobernou a primeira potencia do Mundo sementando guerras, agresións, humillacións e catástrofes nos cinco continentes, quere inflamar a rexión latinoamericana antes de deixar o mando o próximo 5 de xaneiro.
Os monopolios estadounidenses reprochan a Bush que non impediu o avance de gobernos independentes, democráticos e antimperialistas en Centroamérica, Sudamérica e o Caribe, que cuestionan seriamente a hexemonía militar, política, comercial e cultural estaodunidenses.
E Bush responde a este reproche impulsando conspiracións por todas partes, pondo en marcha a cuarta flota, estimulando a agresividade do narco réxime colombiano e ameazando con invasións e agresións.
Os procesos emancipadores de América Latina require a máxima solidariedade dos progresistas de todo o mundo, e en particular de Europa occidental, á vez que os agresores de Wáshington e os seus axentes latinoamericanos deben ser illados e tratados como o que son: como criminais, golpistas, agresores e fascistas.
Hoxe a prioridade é a solidariedade co goberno de Evo Morales, cos sindicatos, partidos e movementos sociais democráticos de Bolivia en grave perigo pola agresión fascista de que son obxecto.
Tamén o presidente Chávez e a Venezuela bolivariana merecen unha solidariedade activa. Hai que esixir á Unión Europea que cese no seu apoio ao narco réxime de Uribe e ás oposicións terroristas de Venezuela e Bolivia
O momento é grave. Os pobos vencerán.
Quim Boix
Responsable de Relaciones Internacionais
CC do PCPE
Partido Comunista dos Pobos de España