ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

sexta-feira, 26 de setembro de 2008

PENSAMENTOS DUN TRABALLADOR QUE LE


PENSAMENTOS DUN TRABALLADOR QUE LE.

Nas leises Torricelli e Helms-Burton lexislase a organización da sociedade cubana para cando Cuba se incorpore ao capitalismo. Entre outras cousas, estabelécese, mesmo,un organismo adicado á asignación dos orfos que haberá de ocasionar a intervencion.

Creo que os nosos pais fixeron mal en familiarizarnos de pequenos coa idea de que os monstros non existen.

Creo que xa é hora de vomitar toda a falsedade que levamos decenios tragando, esa bonita lenda cinematográfica de ianquis combatendo contra o nacismo.

As autoridades norteamericanas levan dende a fundación dos Estados Unidos traficando cós nenos de todos os países, mesmo cos nenos norteamericanos pobres.

Basta xa có antroido universal no que uns levan a careta de demócratas e a outros pónsenos pola forza o sambenito de amantes das dictaduras.

O mundo rexido polo diñeiro é un mundo de ionquis do diñeiro, capaces de comerciar con todo canto din considerar sagrado.

Se os nenos cubanos poden ser considerados mercadorías, (¿qué outra cousa se non significa eso de “asignar” os futuros orfos dos futuros asasiñados?) aos demáis non nos queda absolutamente nada bó que esperar de quen están a traficar con eses nenos no mercado de futuros.

Velaí o que defende a OTAN polo mundo adiante. Velaí o que significa o chamado antiterrorismo, eis o que nos ten reservada a dictadura do capital a quen loitamos contra da explotación. Morte e trapicheo cos nosos nenos e nenas.

Horroroso futuro. Horroroso presente de capitalismo. Socialismo ou barbarie non son palabras calesquera.

Os cascos, mesmo os azuis, protexen as cabezas dos mercaderes de orfos.