ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

quarta-feira, 17 de setembro de 2008

loitas sociais na galiza!


CIG INFORMA – DE AVANTAR

6/9/2008 Convocada concentración o mércores, 17 de setembro, ás 11:30, diante da Consellaría.Educación négase a cubrir as prazas do profesorado solicitadas polos centros educativos.

A só 3 días de iniciarse o curso escolar en Secundaria ( ESO e Bacharelato) está a evidenciarse un recorte importante de profesorado nos centros educativos. A CIG- Ensino denuncia que máis de 50 centros viron recortados os cadros de persoal que tiñan asignado respecto do curso pasado e que non se cobren as prazas imprescindíbeis que están sendo solicitadas polos centros e que a Consellaría se nega a cubrir.

O SLG INFORMA

O próximo 28 de Setembro, realizarase en Ecuador un referendo sobre unha nova Constitución no país. A proposta de nova Constitución é o resultado da resistencia e a loita de décadas do movemento social e indíxena e diversos sectores do pobo ecuatoriano. As demandas históricas como a plurinacionalidade, interculturalidade, os direitos colectivos e da natureza, direito humano á auga, gratuidade da educación até o terceiro nivel, universalización da seguridade social, etc., están hoxe contempladas na nova proposta grazas á incidencia política do movemento campesiño e indíxena e organizacións sociais do Ecuador ante a Asemblea Nacional Constituínte.

GALIZA NON SE VENDE: LOITA DE 25 COLECTIVOS, 16 DE SETEMBRO
25 colectivos de sete concellos aúnan esforzos en defensa do territorio e do patrimonio histórico e natural

NOTA DE PRENSA DE A RÍA NON SE VENDE

Representantes dos 25 colectivos abaixo asinantes, entregamos hoxe nas oficinas da Xunta en Vigo as últimas das miles de alegacións presentadas contra o chamado Plan Viario Integral, Vigo Íntegra. Queriamos destacar con esta acción a unanimidade de tan diversas asociacións de toda a contorna da Ría de Vigo, ante un Plan que constitúe unha ameaza de destrución para a maioría das nosas parroquias e concellos.
Promove a construción de 243,8 quilómetros de autovías e 82.4 quilómetros de estradas de circunvalación, variantes e carreteiras de conexión con vías de alta capacidade.
Baseado nun modelo obsoleto de mobilidade, este plan esquece totalmente o transporte público, estimulando aínda máis a utilización do vehículo privado e o movemento de mercadorías por estrada, xerando máis contaminación (acústica e atmosférica, favorecendo o cambio climático) e aumentando aínda máis a nosa xa grande dependencia do petróleo.
A Xunta, que cuantifica en 2.000 millóns de euros o seu custe total (333.000 millóns de pesetas), segue vivindo de costas á irreversible crise enerxética global e está hipotecando ademais o futuro de Galicia. Canto máis se atrase o cambio do modelo de mobilidade, máis diñeiro teremos malgastado nun sistema de transporte inadecuado, dilapidando gran parte da capacidade financeira indispensable para realizar as transformacións necesarias. Hoxe máis que nunca, os desproporcionados investimentos en autovías e autoestradas son un desperdicio imperdoábel.
Estas actuacións provocarían ademais un enorme e irreversible impacto no patrimonio histórico e natural, tanto dentro da propia cidade como nos demais concellos afectados: Erosión do solo, fragmentación do territorio, efecto barreira que racha e divide vilas e parroquias, fenda xeolóxica, recheo de vales e leitos fluviais, perda de masa forestal e de biodiversidade, ocupación de solo rústico, afectación do patrimonio cultural e arqueolóxico, expropiación de leiras e vivendas, etc.
Na asemblea de representantes dos colectivos asinantes, celebrada o pasado 1 de setembro, acordouse centrar os esforzos na redacción de alegacións ata o día de hoxe (porque mañá, 17 de setembro, remata o prazo de presentación das mesmas) para, a partir de agora, iniciar unha serie de mobilizacións conxuntas encamiñadas a conseguir a retirada e arquivo definitivo do Plan Vigo Íntegra. Das datas e lugares desas mobilizacións, así como de calquera outra actividade, informaremos oportunamente.
A Ría Non se Vende, Asociación Cultural Berra Val Miñor, Asociación Cultural Caleidoskopio, Asociación de Veciños Dunas (Nigrán), Afectados Ronda Vigo - Lavadores, Agrupaçom de Montanha “Augas Limpas”, Alternativa Veciñal, Bouzas Móvete, Centro Social A Revolta, Clube Espeleolóxico Maúxo, Colectivo Nacionalista de Marín, Colectivo Xogo Descuberto, Comisión Veciñal contra a Macrodepuradora do Lagares, Foro Social de Cangas, Grupo Axitación Social (GAS Vigo), Luita Verde, OAR Redondela, Plataforma Cidadá de Redondela, Plataforma Plan de Seguridade Viaria PO-325, Plataforma pola Defensa de Mos, Plataforma Priegue Unido, Plataforma Vive Gondomar, Salvemos Monteferro,Sárdoma en Loita e Verdegaia