COTA EXTRAORDINARIA URXENTE EN SOLIDARIEDADE COA REVOLUCIÓN CUBANA
O Comité Executivo do PCPE acordou o establecemento dunha cota extraordinaria urxente en solidariedade coa revolución cubana.
As desfeitas gravísimas ocasionadas polo furacán Gustav en Pinar del Río e na Illa da Mocidade, víronse incrementados posteriormente polo paso do furacán Ike. A actual situación require que todo o movemento revolucionario mundial poña de manifesto a súa solidariedade coa Revolución cubana nestes momentos de graves dificultades.
A cota extraordinaria establécese por contía indeterminada, en función da capacidade de cada militante, e a recadar ata o día 5 do mes de outubro. Os responsables de finanzas territoriais ingresarán o importe recadado polas súas organizacións nas finanzas centrais antes desa data.
O Comité Executivo fai un chamamento a toda a organización e a toda a militancia para que se faga o máximo de esforzo para responder a este chamamento. Na práctica habemos de demostrar como entendemos os nosos principios de internacionalismo proletario.
A Revolución cubana caracterízase precisamente pola aplicación consecuente deste principio nos lugares máis diversos do planeta; agora tócanos a nós corresponder na medida das nosas capacidades e pondo a proba a real dimensión do noso compromiso revolucionario.
Compañeira, amigo, camarada: aporta o teu contributo.