MOCIDADE COMUNISTA CHECA KSM SOLIDARIZA COS NOSOS CAMARADAS DOS CJC
Declaración do Unión da Mocidade Comunista (KSM) da República Checa contra a detención de camaradas dos CJC (traducida polo PCPE)
O pasado 1 de xuño dous membros dos CJC foron detidos durante unha manifestación antifascista na rúa. Expresamos a nosa total solidariedade cos nosos camaradas e consideramos este acto como un inaceptábel ataque aos dereitos fundamentais, así como denunciamos a clara posición do delegado do governo en Madrid de apoio ás organizacións fascistas de Madrid. Isto é parte dunha tendencia xa duradeira de fascistización da sociedade en toda Europa. Ás organizacións fascistas estáselles permitindo operar sen restricións serias, mentres os comunistas, antifascistas e outros integrantes do movemento progresista son criminalizados e detidos. Apoiamos plenamente as manifestacións e a loita unitaria dos antifascistas en Madrid, posto que nós os comunistas sempre estivemos en primeira liña da loita contra as forzas reaccionarias e fascistas, por unha sociedade que non se basee nos principios capitalistas, que son a verdadeira raíz do "desenvolvimento" das organizacións fascistas e os seus crimes.
Esiximos a inmediata liberación dos nosos camaradas dos CJC e de todos aqueles detidos por denunciar o fascismo.
¡Non á fascistización da sociedade!
Unión da Mocidade Comunista (KSM)