CIG INFORMA
As traballadoras e traballadores do servizo de atención a emerxencias, máis coñecido como 112, iniciaron na mañá deste xoves 19 de xuño, as mobilizacións, logo de varias semanas desenvolvendo unha campaña informativa por toda Galiza que tiña como obxectivo dar a coñecer a súa situación laboral e recoller sinaturas de apoio.
O Consello da Xunta aprobou o Decreto de Bacharelato no Consello da Xunta sen proceder a rectificar as graves carencias que posúe froito de atender as presións de intereses alleos ao ensino, como é o caso da xerarquía da igrexa, no canto de escoitar as demandas da comunidade educativa.. O adoutrinamento relixioso chega mesmo até un curso ponte coa universidade como é 2º, cousa que nin nos peores tempos do franquismo ocorrera co seu nivel equivalente”.
A Comisión de mariñeiros, percebeiros e mariscadores afectados polas obras do porto exterior de A Coruña anunciou que o colectivo retomará as mobilizacións no caso de que a Autoridade Portuaria non fixe unha data para o pago das indemnizacións aos damnificados, 200 profesionais do mar, polo cesamento forzoso da súa actividade en Punta Langosteira.
CUT INFORMA
Onte celebrouse en Vigo a Asemblea de CUT-METAL tendo como cortiña de fondo; o xuízo a catro compañeiros do Sector Naval, a preparación da Plataforma do Convenio Colectivo que se ten que negociar no vindeiro ano e diversos aspectos de actualidade; a aprobación pola U.E. da xornada laboral de 65 horas ou a incorporación masiva en Metalships de traballadores estranxeiros.
mobilización e unidade da clase obreira galega
comunistasdagaliza PCPE