ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

segunda-feira, 16 de junho de 2008


FRONTE Á CRISE ECONÓMICA

FOLGA XERAL


Porque a crise nos trae salarios máis baixos, despedimentos colectivos, paro, precariedade laboral e carestía da vida Como imos chegar a fin de mes?

Porque a crise nos sobe a hipoteca e o aluguer, os bancos nos desahucian e os xuíces nos botan á rúa Onde imos vivir?

Porque a subida da luz do governo “socialista” é un ataque á clase traballadora, que non chegamos a fin de mes para pagar a crise capitalista Quen defende os nosos intereses?

Porque a crise favorece ás grandes empresas en contra dos mariñeiros , os labregos, o pequeno comercio, as empresas familiares, as traballadoras e traballadores autónomos que aguantan a forza de xornadas interminabeis. De que han vivir cando perdan a súa pequena empresa?

Porque o governo responde ás nosas loitas lexítimas con represión policial e ameazas. Por que lles doe tanto o dereito á folga?

Porque os ricos quedan cos beneficios e cando chega a crise fannos pagar as consecuencias á clase traballadora, aos sectores populares, á mocidade precarizada, aos pensionistas, ás mulleres, aos inmigrantes Que facer contra a inxustiza e a explotación capitalista?


¡A CRISE CAPITALISTA QUE A PAGUEN OS RICOS, O REI E OS POLÍTICOS BURGUESES !

¡CONTRA A SUBIDA DA LUZ, A CARESTÍA DA VIDA E O PARO, FAI FALTA XA UNHA FOLGA XERAL!

Comunistas da Galiza (PCPE)

parabéns aos camaradas de leganés polo seu estupendo Bando