ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

quarta-feira, 28 de maio de 2008


Masiva detencion de comunistas en Colombia


DETIDOS DIRIXENTES COMUNISTAS DE REMOLINOS DO CAGUÁN

Entre o domingo 11 e o luns 12 de maio, nun operativo conxunto de DAS e Exército foron detidos 25 cidadáns do municipio de Remolinos do Caguán, departamento do Caquetá. Os informes da prensa oficial falan de comiso de armas, cocaína e material "subversivo". Estas persoas foron trasladadas ao CTI da Fiscalía baixo sindicación de rebelión, por conta do Fiscal 53, delegado ante as Forzas Militares.


Como de costume, fálase dun "golpe á subversión". Pero menten sobre os cidadáns detidos e os elementos incautados. Nas violacións e detencións non foron obtidos os elementos sinalados. Tampouco houbo presenza do Ministerio Público, a Procuradoría ou a Defensoría do Povo.


Entre os detidos cóntase a dirección do Partido Comunista Colombiano do municipio. Trátase dun atropelo de persecución política, que pretende implicar pola forza a dirixentes políticos coa insurxencia. Na lóxica governamental de Álvaro Uribe, sobran os dereitos procesuais, as garantías e as liberdades. Deuse inicio a unha declarada cacería de bruxas contra a esquerda que actúa nos espazos legais, no vello estilo da persecución macartista.


O Partido Comunista Colombiano denuncia esta grave situación. Reclama da Fiscalía, a Procuradoría e a Defensoría do Povo esclarecer se se trata dun xuízo político contra unha organización, integrante do Polo Democrático Alternativo. Esixe a plenitude das garantías para os cidadáns (as) detidos (as) e a súa inmediata liberdade.


Acode á opinión democrática nacional e internacional para que actúe en esixencia do respecto dos dereitos humanos e as liberdades fundamentais do povo colombiano.


PARTIDO COMUNISTA COLOMBIANO

Comité Executivo

Bogotá, maio 13 de 2008