ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

terça-feira, 27 de maio de 2008

O iraque no 5º cabodano da democracia
Fai agora cinco anos unha coalición dirixida por Estados Unidos, da que forma ata hoxe parte
o Estado Español, invadiu o Iraque para “democratizalo” e “libralo do terror”. Desde aquela,
unha inxente riada de morte, destrucción e empobrecimento , mostra en qué consistía o
modelo de democracia levado alí polos “nosos” cruzados occidentais.
A mesma lóxica de ocupación e sometemento ao dictado do imperio , de violación da lei
internacional e dos mais elementares dereitos humanos, baixo o lema de «guerra ao
terrorismo» vai para diante en todo o Oriente Medio: Afganistán e Líbano (con presenza de
tropas españolas), Palestina brutalmente asediada e masacrada (coa UE e o Governo Español
como cómplices da masacre.
USA , afundida nunha gravísima crise económica, comercial, financeira, hipotecaria,
orzamentaria, podese permitir esas guerras porque llelas estamos a financiar nós.
Hoxe ninguén ousa manter a mentira das “armas de destrucción masiva” e da “guerra ao
terrorismo” como pretexto. A explicación é clara:
o que mata engorda
a guerra é o grande negocio do capital. A percura do máximo beneficio, o seu obxectivo
A primeira guerra mundial, a primeira guerra interimperialista foi precedida por unha crise
de sobreproducción.
Para impor a sua ditadura económica planetaria, para dar explotado os recursos do subsolo
do mundo enteiro, os monopolios e os governos que lles serven precisan militarizar as
relacións internacionais , derrocar os governos que rexeitan capitular e dividir os países que
se resisten
Os autores e os cómplices
-a OTAN, brazo armado do capital ianqui e europeu
-a UE, constitucionalmente comprometida á “guerra preventiva” e aliada do gobernomonicreque
iraquiano e do Estado terrorista de Israel
-o Governo Español imperialista, coautor das invasións contra Afganistan e o Líbano e que
está a ofertar chan español para unha nova base militar OTAN en Zaragoza, dedicada á
espionaxe e control de todo o hemisferio e, ano tras ano, incrementa os Gastos militares,
(case un 15% máis entre 2007-08), tanto de carácter ordinario como os destinados a misións
internacionais e a investigación militar.
A factura pagámola os de sempre
As cifras falan claro: para o Governo español matar é máis importante que curar, educar ou
facer fronte ás verdadeiras ameazas (laborais, sociais, económicas, políticas, ambientais) ás
que temos que facer fronte a diario. Co rearme do Estado español marcado pola doutrina
OTAN ,o gasto do diñeiro público prima ao sector privado e militar fronte ao público civil e de
carácter socialmente útil
A privatización da educación, da sanidade, das empresas públicas, a crecente precariedade e
inseguridade no mundo do traballo, e o aumento das desigualdades sociais, pobreza
estrutural, etc. son resultantes dunha ecuación que encaixa nesta lóxica perversa.