ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

terça-feira, 27 de maio de 2008

Camaradas e compañeir@s, aí vos vai o chamamento para a militancia da 19 Escola estatal de formación dos CJC, nas próximas semanas iremos encamiñando máis información.

EN XULLO... ¡ESCOLA ESTATAL EN ALACANTE!

Os CJC celebramos a nosa XIX Escola Estatal de Formación en Alacante, entre os días 16 e 20 de xullo. As nosas escolas estatais estanse convertendo nun dos principais eventos centrais que organizamos ao longo do ano. E é normal, xa que adoitamos definir aos CJC como "escola de comunistas".

O ano pasado, cando convocabamos a XVIII Escola en Madrid, faciamos referencia á moral comunista, como un dos principais eixos sobre os que temos que estruturar a nosa formación como revolucionarias e revolucionarios. Neste sentido, sempre destacamos a camaradería, o convivio entre persoas que compartimos un proxecto de loita e transformación e que aspiramos a crear un home e unha muller nova. Na pasada escola, puñamos como exemplo diso ao Che Guevara, nun ano no que conmemorabamos a súa vida e obra no 40 aniversario do seu asasinato.

Este ano, PCPE e CJC homenaxeamos a Antonio Gades, exemplo de compromiso. E esta ten que ser unha escola de compromiso: compromiso co estudo, co avance do noso proxecto, compromiso co resto de camaradas.

Na Escola de Alacante haberá novas achegas respecto das escolas que organizamos ata agora. Imos propor diferentes niveis, para que cada cal poida aprender en función da súa formación inicial ou de base. Faranse encontros sectoriais, convertendo así á escola nun marco no que colectivos e Comité Central consigan estreitar os seus lazos. Teremos unha Mesa Redonda, para poder profundar en debates sobre a nosa actuación como organización revolucionaria.

Como sempre, as actividades fundamentais da escola serán palestras teóricas e obradoiros prácticos. Entre as palestras, estudaremos a Economía Política, o Dereito de Autodeterminación, a teoría do Estado, a Dialéctica como método de coñecemento e a época histórica da Transición. Doutra banda, de xeito máis práctico profundaremos sobre Feminismo, reflexionaremos sobre o noso funcionamento externo como organización, sobre Palestina e comezaremos a preparar a nosa participación no próximo Festival Mundial da Mocidade e os Estudantes.

Pero a Escola non é só estudo. Mencionabamos antes a convivencia. En realidade, para facer unha escola diferente e mellorala temos que funcionar desde o primeiro momento con esa mentalidade, con ese compromiso.

Aínda que, desde logo, tamén haberá momentos para o lecer. Contamos con instalacións deportivas e, ademais, estamos planificando unha festa. Pero, tamén, o Colectivo de Alacante encargarase de elaborar unha axenda de lecer e cultura.

Queremos invitar a toda a militancia dos CJC a que participe na Escola de Alacante. O custo da inscrición, con todos os gastos cubertos, será inferior a 50 euros, aínda que estudaremos o rebaixala e sobretodo nos casos concretos se houbese dificultade. Abrimos de prazo ata o 15 de xuño para que quen queira acudir se apúnte. A Comisión de Formación pide a (tod@s) as e os responsabeis de formación (ou políticos, alá onde non haxa) dos colectivos e comités que envíen para o 1 de xuño unha previsión do número de camaradas do seu territorio que acudirán. O 15 de xuño será a data na que deberá confirmarse o número exacto. O correo ao que hai que enviar esta información é formacion@cjc.es .

¡Un saúdo comunista a tod@s!

Comité Central dos CJC


unir á mocidade, organizar a revolución