Os Comunistas da Galiza (PCPE) apoiamos decididamente, e chamamos a toda a cidadanía pontevedresa a secundar unánime, a MARCHA CONTRA CELULOSAS convocada pola Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra, para o sábado 14 de Xuño ás 20.30 desde as Alamedas de Marín e Pontevedra.
Non queremos aturar ata o 2018 o complexo ENCE-ELNOSA na nosa Ría, como contempla a autorización ambiental concedida recentemente pola Consellería de Medio Ambiente no que constitue unha clara violación do programa electoral acordado polo bipartito autonómico que é motivo suficiente para solicitar a dimisíon do responsábel institucional que é o Conselleiro de Medio Ambiente.
Dito complexo, exemplo de industria de enclave altamente contaminante e custosa en términos sanitarios, enerxéticos e económicos para o noso povo e para a nosa terra e mar, altamente riscosa pola accidentalidade das plantas de cloro, claro exemplo de violencia depredatoria do capital que non dubida en sacrificalo todo á percura do lucro privado, e que o fai coa cumplicidade institucional, é , lembrémolo mais unha vez, ILEGAL.
As e os comunistas galeg@s aproveitamos para saudar unha vez mais o exemplo de loita consecuente que é a Asociación Pola Defensa da Ría, e poñémonos á sua disposición para os traballos preparatorios da Marcha.
FORA, XA, CELULOSAS DA NOSA RÍA.
COMUNISTAS DA GALIZA(PCPE)