O Comité Central do Partido Comunista dos Povos de España (PCPE) desexa transmitir o seu mais sentido pesame ao Secretariado das FARC-EP e a todos os seus integrantes polo pasamento dese grande dirixente proletario, probado Marxista-Leninista, servidor consecuente da causa dos humildes e do Socialismo na Colombia, América Latina e o Mundo que foi Manuel Marulanda Vélez.
Vemos en Manuel Marulanda ao dirixente campesiño comunista que nunca traizoou, nin dubidou sobre a vía a percorrer para acadar a Democracia, a Paz, a Xustiza Social, a independencia e o avance cara ao socialismo, para o povo e a nación de Colombia. Que sempre se esforzou por abrir camiños de paz e de diálogo, de acordo político e de entendemento fronte a unha oligarquía criminal que hai tempo optou polo exteminio físico dunha parte do Povo (ata 3000 dirixentes políticos e obreiros nos últimos cinco anos) para poderse perpetuar no seu poder e nos seus privilexios e xunto a iso, no seu papel de triste lacaio do imperialismo estaodunidense.
Rexeitamos taxantemente que, fronte ao dito pola oligarquia narcoparamilitar e o governo genocida de Bush, Manuel fose un "terrorista". Non o son os loitadores populares que en moitas partes do Mundo gañan eleccións e se convérten en presidentes con grande apoio popular malia estaren incluídos en repudiabeis "listaxes de terroristas" confeccionadas por quen masacran sen piedade millóns de seres indefensos mediante agresións económicas ou militares.
Neste momento de dor para os comunistas españois e de todo o Mundo facemos votos para que se impoña definitivamente o camiño de arranxo pacífico e negociado que traia a Democracia e a Paz ao sufrido e heroico povo colombiano.
Non temos dúbidas de que así como Bolivar e Sucre ocupan hoxe o panteón dos heroes e proceres da Liberdade dos povos suramericanos, Manuel, Raul, Jacobo, Jaime Pardo, Carlos Pizarro e outros heroes ocuparán en vindeiras datas o mesmo panteón de honra e serán lembrados como grandes fillos de Colombia, América Latina e a Humanidade avanzada e progresista.
Partido Comunista dos Povos de España